Publicacións
Ferramenta de traballo dirixida aos traballadores sociais de Galicia que ten como finalidade facilitar a utilización do informe social para a inclusión (ISI), unificar e homoxeneizar criterios e simplificar trámites e xestións administrativas.
Manual que xurdiu da necesidade de recoller as demandas, valoracións e recursos propios dos servizos sociais comunitarios existentes na nosa comunidade autónoma.
Publicación electrónica en liña do informe de seguimento do Plan galego de persoas maiores 2010-2013, Horizonte 2015, que dá conta das actuacións implantadas polo Goberno galego en resposta á programación correspondente ao ano 2014.
Ferramentas básicas e pautas para a elaboración do proxecto educativo dos centros de infantil.
Publicación electrónica en liña que recolle o conxunto de medidas e prestacións que a Xunta de Galicia lles ofrece ás familias.
Recompilación das disposicións normativas de política social publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Es un orgullo para la Consellería de Política Social presentar la nueva cartera de servicios sociales para personas dependientes.
Informe executivo do estudo sobre Discapacidade e Xénero: Aproximación a situación das mulleres con discapacidade en Galicia.