Inicio > Recursos > Plans e programas > Programa de Acollemento Familiar para persoas maiores

Programa de Acollemento Familiar para persoas maiores

PROGRAMA DE ACOLLEMENTO FAMILIAR PARA PERSOAS MAIORES

 

 

Normativa:

  • Decreto 318/2003, do 26 de xuño, polo que se regula o programa de acollemento familiar para persoas maiores e persoas con discapacidade.(DOG nº 145 do 29/07/03)
  • Orde do 8 de xaneiro do 2004 pola que se convocan axudas económicas para o acollemento familiar de persoas maiores e persoas con discapacidade.(DOG nº 15 do 23/01/04)

 

 

Axudas económicas individuais para persoas maiores de 65 anos que desexen acollerse aos beneficios do programa de acollemento familiar. A finalidade deste programa é procurar o mantemento do maior na súa contorna  habitual facilitando así a súa integración e evitando o ingreso en centros cando este non sexa axeitado ou desexado.

Requisitos da persoa acollida:

Ser español ou cidadán dalgún dos estados membros da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de que o acollido sexa unha persoa dependente, poderá formalizarse o acollemento en liña recta por afinidade, salvo que na unidade de acollida existan outros familiares do acollido en liña recta consanguínea que sexan maiores de idade e estean obrigados legalmente a prestarlles alimentos.

Requisitos para as familias acolledoras:

  • Ser español ou cidadán dalgún dos estados membros da Unión Europea, e estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da CA de Galicia.
  • Que polo menos un dos acolledores sexa maior de idade e non supere os 65 anos no momento de formular a solicitude, goce de boa saúde e non padeza de limitacións físicas ou mentais que lle impidan atender as tarefas domésticas normais.
  • Ausencia de ánimo de lucro no que respecta ao programa de acollemento
  • Cada familia non poderá acoller a máis de dous beneficiarios.
  • Non poderá existir con anterioridade ao acollemento testamento ou transmisións de bens ou dereitos a título gratuíto feitos ó seu favor por parte da persoa acollida.
  • Non ter a condición de titor legal da/s persoa/s acollida/s.

Requisitos da vivenda:

O acollemento poderá levarse a cabo tanto na vivenda do acolledor como na do acollido. En ámbolos dous casos acolledor e acollido deberán convivir na mesma vivenda, que deberá:

  • Ter fácil acceso.
  • Estar dotada de suficientes condicións hixiénicas e de salubridade.
  • Carecer de barreiras que impidan o acceso e normal desenvolvemento da vida diaria da persoa acollida de acordo coas súas características persoais.

Contía das axudas:

 

 

Se o acollemento se leva a cabo na vivenda do acolledor

Se o acollemento se leva a cabo na vivenda do acollido (40% menos)

Maiores con autonomía para a realización de actividades da vida diaria.

421€/mes

252,60€/mes

Maiores dependentes

700€/mes

420€/mes

A contía máxima mensual subvencionable será a diferenza resultante entre os importes máximos establecidos e a achega do beneficiario (60% dos seus ingresos mensuais líquidos, excluídas as pagas extraordinarias das pensións)

 

 

 
Para máis información e presentación de solicitude pode dirixirse os servizos sociais do concello de residencia ou do seu centro de saude, estando aberto o prazo durante todo o ano.

 

 

INFORMACIÓN GRATUITA NO TELÉFONO SOCIAL 900 333 666

Documentos relacionados