Axudas para persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica
AXUDAS PARA PERSOAS CON ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA
Galicia é a primeira Comunidade en contar cunha axuda directa para as persoas enfermas de Esclerose Lateral Amiotrófica, popularmente coñecida como ELA. A Xunta de Galicia subvenciona 12.000 euros ao ano, con efectos retroactivos desde o mes de xaneiro, de gastos de diferente índole ás persoas que teñan diagnosticada esta doenza.
Esta axuda é compatible con outras outorgadas coa mesma finalidade por todo tipo de organismos.
Actualmente está o prazo aberto para solicitala. Tes ata o 30 de novembro de 2023 para facelo.
- Cales son os requisitos?
-
- Estar diagnosticado de Esclerose Lateral Amiotrófica
- Ter recoñecida ou solicitada a situación de dependencia.
- Estar empadroado en Galicia.
- Ter cumpridos os 18 anos.
- Que gastos se subvencionan?
-
Subvenciónanse múltiplos gastos que van desde o máis básico, como pode ser a alimentación e os coidados, ata outros gastos de maior investimento, pero tamén necesarios, como melloras na vivenda habitual. Exemplos de gastos que poden ser xustificables:
- A compra de sumplementos nutricionais.
- Os servizos asistenciais especializados como pode ser a fisioterapia, a terapia ocupacional, ou o logopeda.
- A adquisición de produtos de apoios destinados á mobilidade persoal, ao aseo, á comunicación ou á manipulación de obxectos, entre outros.
- As melloras de accesibilidade que se teñan que realizar nunha vivenda.
- A compra dun vehículo adaptado.
Estes son algúns dos gatos que se subvencionan, pode comprobar toda a información relativa a esta axuda na Orde de convocatoria destas axudas.