Dunha parte, a Consellería de Política Social e Igualdade, e no seu nome e representación don Antonio Acevedo Prado, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, en virtude do nomeamento efectuado polo Decreto 154/2020, do 17 de setembro.
Doutra parte, de agora en adianto, o COLABORADOR:
Os datos obrigatorios están marcados cun *
O COLABORADOR expón que coñecendo todos os aspectos do programa Carné +65, acepta adherirse a este como entidade colaboradora, ofrecendo as vantaxes que deseguido se relacionan, e amosa a súa conformidade coas condicións xerais que se especifican neste compromiso.
Ambas as dúas partes manifiestan expresamente a súa conformidade coas siguientes
CONDICIÓNS XERAIS
I. O COLABORADOR comprométese a ofertarlles ás persoas titulares do Carné +65 unha serie de ventaxes sobre os produtos, servizos e/ou equipamentos de que dispón ou que presta, consistentes en:
II. A Consellería de Política Social e Igualdade pon ao dispor das persoas maiores de 65 anos o Carné +65. O carné é personal e intransferible e nel figura o nome e apelidos da persoa titular, a data de nacemento e o número de carné.
III. OS COLABORADORES son persoas, empresas e entidades adheridas que, de xeito voluntario, acordan conceder beneficios e/ou calquera outro servizo aos posuidores do Carné +65
IV. O COLABORADOR, coa aceptación do presente acordo, comprométese a cumprir as seguintes obrigadas:
- Efectuar un desconto ou ventaxe nos seus produtos e/ou prestación de servizos ás persoas titulares do Carne +65. Os descontos ou beneficios outorgados non son acumulables a outras ofertas salvo acordo en contrario, e non dan lugar en ningún caso a contraprestación económica por parte dos organismos promotores do programa.
- Colocar nun lugar visible do establecemento o adhesivo homologado que o identifica como participante no programa Carné +65, que lle será facilitado gratuitamente pola Consellería.
- Incluír nos seus medios publicitarios -sempre que sexa posible- as ventaxes que oferta ás persoas titulares do Carné +65.
- Prestarlles os seus servizos ás persoas titulares do Carné +65 en idénticas condicións de calidade e dilixencia que ao resto de usuarias nos titulares.
- Facerse responsable directo dos produtos que venda e da prestación dos seus servizos, así como de todos os danos e prexuízos directos ou indirectos que se poidan derivar como consecuencia dos actos, omisións ou neglixencias do persoal ao seu servizo e da súa organización, ou de calquera reclamación que estea relacionada. A Consellería de Política Social quedará exonerada das ditas responsabilidades.
V. Mediante o presente acordo, a Consellería de Política Social e Igualdade comprométese, a través da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, a incluír gratuitamente o establecemento COLABORADOR (xunto co seu enderezo, actividade e ventaxes ofertadas) na guía dixital de establecementos adheridos do Carné +65 publicada na páxina web.
VI. A Consellería resérvase para si o dereito de non aceptar aquelas ofertas que polo seu contido ou características non se axusten ás finalidaes do programa.
VII.
VIII. O presente acordo entrará en vigor a partir do momento en que se publique a adhesión do colaborador ao programa CArné+65 na páxina web do Carné, na guía de establecementos adheridos.
IX. Par o caso de que o COLABORADOR desexe dar por finalizado o presente acordo, deberá comunicarlo por escrito á Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria cun aviso previo de dous meses á data na que desexe dalo por rematado.
X. A Consellería de Política Social e Igualdade poderá, así mesmo, rescindir o acordo no caso de incumprimento dos compromisos asumidos polo colaborador.