Inicio > Áreas > Familia e infancia > Escolas infantís 0-3

Escolas infantís 0-3

 Que son as escolas infantís?  

As escolas infantís son centros educativos que desenvolven o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, a etapa de 0 a 3 anos. Proporcionan un servizo integral de conciliación a través dun programa que garante o pleno desenvolvemento dos nenos e nenas. 

Gratuidade

En 2022 a Xunta fixo gratuíta a atención educativa para todos os nenos e nenas en todas as escolas infantís, tanto públicas, como privadas ou de iniciativa social. Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en aplicar esta medida.

Non é necesario realizar ningún trámite: é directamente a escola infantil quen formaliza a súa adhesión á gratuidade, que debe ser anunciada publicamente (en caso de dúbida consulte ao centro). A práctica totalidade das escolas infantís de Galicia están adheridas á gratuidade.

CURSO 2024-2025: Xa está aberto o prazo de solicitude de praza nas escolas infantís da Xunta de Galicia. Desde o 16 de marzo ata o 5 de abril de 2024.

Listaxe de escolas infantís da Xunta

A rede de escolas infantís públicas autonómicas está integrada por centros dependentes de dúas entidades distintas:

Como se accede ás escolas infantís da Xunta?

► O prazo ordinario para a presentación das solicitudes para o curso 24/25 abre o 16 de marzo e finaliza o 5 de abril de 2024

Hai dous procesos de matriculación diferentes nas escolas infantís da Xunta segundo pertenzan á Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) ou ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Galiña Azul).

Acceso ás escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Acceso ás escolas infantís do Consorcio - Galiña Azul

► Solicitude electrónica (preferente):

 

► Solicitude presencial:

Pode presentarse en calquera dos lugares e rexistros oficiais cubrindo os seguintes impresos:

Prezos

A atención educativa nas escolas infantís da Xunta é gratuíta, oito horas ao día e durante o curso académico ordinario (de setembro a xullo, ambos incluídos).

Para o servizo de horario ampliado ou o comedor é preciso aboar as seguintes cantidades: 

Aplicaranse os seguintes descontos:

Prazo de matriculación 

Curso 2024-2025:

Presentación de solicitudes — do 16 de marzo ao 5 de abril

Publicación listas provisionais — 6 de maio

Prazo de reclamacións — do 7 ao 13 de maio

Publicación listas definitivas — 31 de maio

Matriculación — do 1 ao 14 de xuño

Como formalizo a matrícula unha vez admitido?

O 31 de maio de 2024 publicaranse as listas definitivas de admitidos no DOG. Os admitidos terán do 1 ao 14 de xuño de 2024 para presentar o impreso de matrícula a través da sede electrónica da Xunta ou na escola infantil na que obtiveran praza.

No caso de que se lle notifique a conceción de praza fóra deste prazo ordinario porque houbese vacantes, disporá de 10 días hábiles para realizar o trámite desde o día seguinte á notificación.

A solicitude deberá vir acompañada da copia da cartilla de vacinación. O cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación, así como a formalización da matrícula no prazo sinalado son imprescindibles para confirmar a praza, no caso contrario a solicitude decaerá.

► Impresos de matrícula:

Os impresos tamén se obteñen nas propias escolas infantís.