Inicio > Recursos > Plans e programas > Xuntos polo Nadal 2021

Xuntos polo Nadal 2021

NOTA: AMPLIADO PRAZO DE PRESENTACION ATA O 30 DE NOVEMBRO

 

XUNTOS POLO NADAL 2021

 

 

Dirixido ás persoas maiores que se atopen soas no Nadal, o programa da Consellería de Política Social “Xuntos polo Nadal” busca a promoción do envellecemento activo e a convivencia.

Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 22 de decembro ata o día 7 de xaneiro distribuídos en dúas quendas de 8 días cada unha: do 22 ao 29 de decembro, e do 31 de decembro ao 7 de xaneiro do 2022.

 

A convocatoria de 2021 conta con 526 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social:

 

  • A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 246 prazas en dúas quendas de 123 participantes cada unha.

 

  • E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, con 280 prazas divididas entre dúas quendas de 140 participantes cada unha.

 

 

O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.

 

As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, estar empadroado nalgún concello galego, vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía, e estar vacinado fronte á covid-19 segundo o calendario sanitario vixente.

 

O programa inclúe os seguintes servizos:

 

  • Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).

 

  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. No suposto de que existira disponibilidade en habitacións individuais serán asignadas con preferencia aos participantes de maior idade.

 

  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.

 

  • Actividades de animación sociocultural.