Servizo de teleasistencia da Xunta de Galicia para persoas en situación de dependencia
Acceso ao servizo:
Para solicitar o servizo é necesario iniciar expediente de valoración de dependencia. Segundo establece a normativa vixente garantirase o dereito subxectivo para a atención das persoas en situación de dependencia.
No contrato asinado coa Cruz Vermella para a prestación do servizo de teleasistencia e co fin de facilitar o acceso ao servizo ás persoas que carezan de telefonía fixa ou que teñan un sistema incompatible coa teleasistencia convencional , proporcionase o acceso mediante un terminal dotado de tarxeta GSM que non terá custo engadido para o usuario.
Normativa reguladora do servizo:
- Orde do 2 de xaneiro de 2012, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía persoal e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9, do 13 /01/2012).
- Decreto 149/ 2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do custo (DOG nº 182, do 24/09/2013).
- Decreto 142/2023 do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomia e a atención a dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG núm.212, do 8 de novembro de 2023)
Compatibilidade con outros servizos e libranzas :
O servizo de teleasistencia será compatible con todos os servizos ou libranzas a excepción do servizo de atención residencial ou da libranza vinculada á adquisición dun servizo de atención residencial.
Participación da persoa usuaria no financiamento do custo do servizo:
A determinación da participación no custo do servizo de teleasistencia ata nova instrución, será dun copago de 5€ para os usuarios cunha capacidade económica igual ou superior o 100% do IPREM e non terá copago cando sexa inferior o 100% do IPREM.
A solicitude pode tramitarse nos servizos sociais do concello de residencia ou no centro de saúde.
Máis información no Teléfono Social (gratuíto): 900 333 666