Inicio > Recursos > Formación > Formación en HSUE - (2019 -2021)

Formación en HSUE - (2019 -2021)

 
XUÑO de 2021
 

Convócanse dúas xornadas de formación online sobre HSUE: unha inicial e outra avanzada. Diríxense, exclusivamente, a traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios dos concellos. Lembrade que para inscribirse é requisito imprescindible que os concellos aos que pertenzades teñan asinado o convenio de adhesión a HSUE. Ademáis debedes estar de alta como usuarios/as de HSUE.

Venres, 18 de Xuño:

 

Formación Inicial HSUE: Formación completa, axeitada para profesionais que nunca accederon á HSUE.
DATA: 18/06/2021
HORARIO: De 12:00 a 14:00 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo

Ata media hora antes do inicio da xornada, poderaste inscribir en:
https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=ec351b03bbca910eda3e6c6ee5ae3dbd6

Mércores,  23 de Xuño:

Formación Avanzada: recordatorio das funcionalidades básicas e explicación de novas funcionalidades engadidas nas últimas versións de HSUE.

DATA: 23/06/2021
HORARIO: De 12:30  a 14:30 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo

Ata media hora antes do inicio da xornada, poderaste inscribir en:

Instrucións para a conexión:
O enlace anterior levaracheá seguinte pantalla:

Preme en "Rexistrase", introduce os teus datos (nome e apelidos, concello e teléfono) e de seguida recibirás o enlace para conectarte.

Para acceder á formación, deberás introducir os teus datos e premer en "Unirse Ahora"


 

 

Requirimentos técnicos:

  • Cascos e  micro (non é necesaria cámara web). No son imprescindibles os cascos, pero si recomendables.  Os altofalantes do ordenador tamén servirán para esta fin. Os portátiles acostuman a traer micro e altofalantes incorporados, non así os ordenadores de sobremesa. Por favor,  lembrade comprobar se o voso ordenador dispón deles, así como verificar o seu funcionamento.
  • Acceso a HSUE mediante certificado dixital/tarxeta empregado 
  • Se aínda non estades de alta en HSUE, tentade acceder co voso certificado electrónico a https://hsue.xunta.gal/  (premede o botón "Identificarse co certificado")  para que o soporte técnico de HSUE poida darvos de alta. HSUE  pediravos o PIN, pero non poderedes acceder á aplicación ata que dende soporte vos habililite os permisos necesarios. Facer este intento é imprescindible para  recoller os datos do certificado e podervos dar de alta)

O día da videoconferencia recoméndase tentar acceder 30 minutos antes por se houbera algún problema. Calquera incidencia contactade con soporte técnico de HSUE, e proporcionade  o voso teléfono: soporte-hsu.benestarsocial@xunta.gal

 

 

OUTUBRO de 2020
 

Convócanse dúas xornadas de formación online sobre HSUE. Diríxense, exclusivamente, a traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios dos concellos. Lémbrase que para inscribirse é requisito imprescindible que os concellos aos que pertenzan teñan asinado o convenio de adhesión a HSUE, así como estar de alta como usuario/a de HSUE.

Luns, 5 de Outubro:

DATA: 05-10-2020
HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo

Ata media hora antes do inicio da xornada, poderase inscribir en:
https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e416e1720c524d02fb373cc456979614f

Luns, 19 de Outubro:

DATA: 19-10-2020
HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo

Ata media hora antes do inicio da xornada, poderase inscribir en:
https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=ee0d62e0d58bcf1aca8678a34b5368e96

Instruccións para a conexión:
O enlace anterior levaralles á seguinte pantalla:

Prema en "Rexistrase", introduza os seus datos (nome e apelidos, concello e teléfono) e de seguida recibirá o enlace para conectarse

Para acceder á formación, deberá introducir os seus datos e premer en "Unirse Ahora"


.

 Requirimentos técnicos:
  • Cascos e  micro (non é necesaria cámara web). No son imprescindibles os cascos, pero si recomendables.  Os altofalantes do ordenador tamén servirán para esta fin. Os portátiles acostuman a traer micro e altavoces incorporados, non así os pcs. Por favor,  lembrade comprobar se dispón deles o voso ordenador e verificar o seu funcionamento.
  • Acceso a HSUE mediante certificado dixital/tarxeta empregado 
  • Se aínda non estades de alta en HSUE, tentade acceder co voso certificado electrónico a https://hsue.xunta.gal/  (premede o botón "Identificarse co certificado")  para que o soporte técnico de HSUE poida darvos de alta. HSUE  pediravos o PIN, pero non poderedes acceder á aplicación ata que dende soporte habilítenvos os permisos necesarios, pero facer este intento é imprescindible para  recoller os datos do certificado e podervos dar de alta)

O día da videoconferencia recoméndase tentar acceder 30 minutos antes por se houbera algún problema. Calquera incidencia contactade con soporte técnico de HSUE, e proporcionade  o voso teléfono: soporte-hsu.benestarsocial@xunta.gal

XULLO de 2020

Convócase unha nova xornada de formación online sobre HSUE. Diríxese, exclusivamente, a técnicos/as dos equipos de inclusión social de Galicia que empreguen a aplicación PGIS e que non puideron asistir a convocatorias anteriores, ou que queiran repasar conceptos. Lémbrase que para inscribirse na xornada é requisito imprescindible que os concellos aos que pertenzan teñan asinado o convenio de adhesión a HSUE.

As persoas interesadas deben rexistrarse no seguinte enlace:
Unirse como asistente: https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e88fff6aaa43520e5b78fbc...

Posteriormente, ás persoas admitidas enviaráselles un correo confirmándolle a súa inscrición, así como o enlace para a súa conexión á xornada online. Tamén se remitirán os requisitos técnicos necesarios e as instruccións para conectarse o día da xornada.

DATA DA XORNADA: 24-07-20
HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo
PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza o martes 21-07-20 ás 15:00 horas.

XUÑO de 2020

Convócanse dúas xornadas de formación virtual sobre o uso da aplicación HSUE. Diríxense, en exclusiva, aos/as  traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios que estean de alta na HSUE.

DATAS (hai que escoller unha): 4 de xuño e 11 de xuño de 2020.
HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.

INSCRICIÓNS

Para inscribirse é obrigatorio enviar un correo electrónico a:                              formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal. No asunto indicarase: "Xornada HSUE  do día .........."

Débense incluír no correo de inscrición os seguintes datos ben cubertos. Por favor, enchédeos nesta ficha, e despois copiádea e pegádea directamente no correo (sen anexar documentos).

Apelidos e nome

 

DNI

 

Traballador/a social do concello de

 

Teléfono/s de contacto

 

Correo electrónico  profesional individual (non poden ser compartidos)

 

Data que solicita

 

Durante a formación  traballarase con casos reais do centro de traballo de cada alumno/a. Por este motivo,  cada profesional asistirá á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para elaborar os informes.

PRAZO DE INSCRICIÓN
Remata o xoves 28 de maio ás 15:00 horas.

NÚMERO DE PRAZAS
Ata completar o aforo

CRITERIOS DE SELECCIÓN
No caso de que houbesen máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, teranse en conta os seguintes criterios (por orde):

Concellos sen profesionais formados en HSUE.

Concellos que teñen profesionais con formación en HSUE, pero nos que hai outros/as que todavía están sen formar.

Profesionais xa formados en HSUE. Terán preferencia os/as que recibiron formación hai máis tempo sobre as que dispoñen dunha formación máis recente.  Tamén terán prioridade aqueles/as cun menor número de xornadas feitas.

Se empataran nestes criterios dúas ou máis persoas, as prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes través do correo electrónico.

Asemade, se se recibiran máis solicitudes que prazas dipoñibles, poderá limitarse a asistencia a un/ha profesional cada concello.

PERSOAS ADMITIDAS
Os/as profesionais seleccionados/as recibirán no seu correo electrónico, a confirmación da súa admisión,  un enlace da reunión e os pasos que hai que seguir para unirse a ela.

REQUIRIMENTOS TÉCNICOS:

  • Navegador Chrome
  • Cascos e  micro (non é necesaria cámara web). No son imprescindibles os cascos, pero si recomendables.  Os altofalantes do ordenador tamén servirán para esta fin. Os portátiles acostumar a traer micro e altavoces incorporados, non así os pcs. Por favor,  lembrade comprobar se dispón deles o voso ordenador e verificar o seu funcionamento.
  • Acceso a HSUE mediante certificado dixital/tarxeta empregado 
    • Se aínda non estades de alta en HSUE, tentade acceder co certificado electrónico a https://hsue.xunta.gal/  (premede o botón "Identificarse co certificado")  e o soporte técnico de HSUE poderavos dar de alta no intre que lles chegue a solicitude para a formación. A web de HSUE  pedirá o PIN, pero non vos deixará acceder á aplicación ata que se lle habiliten os permisos necesarios, pero facer este intento é imprescindible para  recoller os datos datos do certificado y podervos dar de alta)

**IMPORTANTE: Se tedes calquera problema técnico relacionado con esta formación ou co proceso de alta en HUSE, contactade co correo de soporte técnico de HSUE: soporte-hsu.benestarsocial@xunta.gal. Proporcionade alí o voso teléfono.

ABRIL-MAIO de 2020

Convócanse tres xornadas de formación de HSUE, en modalidade online.  Diríxense, exclusivamente, a técnicos/as dos equipos de inclusión social de Galicia que empreguen a aplicación PGI. Para poder participar na xornada é requisito imprescindible que os concellos aos que pertenzan teñan asinado o convenio de adhesión a HSUE.

As persoas interesadas deben rexistrarse no seguinte enlace:
Unirse como asistente: https://xunta.webex.com/xunta/onstage/g.php?MTID=e88fff6aaa43520e5b78fbc...

Posteriormente, ás persoas admitidas, enviaráselles un correo confirmándolle a súa inscrición, así como o enlace para a súa conexión á xornada online. Tamén se remitirán os requisitos técnicos necesarios e as instruccións para conectarse o día da xornada.

DATAS DAS XORNADAS: 30-04-20; 05-05-20; 14-05-20 (hai que escoller só unha)
HORARIO: De 10:30 a 13:30 horas.
NÚMERO DE PRAZAS: ata completar aforo
PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza tres días antes do inicio da xornada.

MARZO de 2020

Convócanse xornadas de formación sobre o uso da aplicación HSUE. Diríxense, en exclusiva, a técnicos/as que desenvolven servizos de apoio á inclusión sociolaboral nos equipos de inclusión social das entidades locais.

O horario desta formación será de: 10:30 a 14:30 horas nestas edicións:

Lugar

Data

Enderezo

Ourense

03-03-2020

Aula de informática de AMTEGA
Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
Avda. da Habana, 79, 7º andar

Santiago de Compostela

24-03-2020

Aula de informática de AMTEGA
Edificio da Consellería de Economía, Emprego e Industria (ao lado esquerdo do que ocupa o Sergas)
San Lázaro s/n, 3º andar

Pontevedra

26-03-2020

Aula de informática de AMTEGA
Edificio administrativo da Xunta de Galicia.
Avda de María Victoria Moreno, 43 pranta baixa

Lugo
31-03-2020
Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Lugo
R/ Paseo dos estudantes, 33

Inscricións

Para inscribirse é obrigatorio enviar un correo electrónico a:                              formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal. No asunto indicarase: "Xornada HSUE  edición de ------"

Débense incluír no correo de inscrición os seguintes datos ben cubertos

Apelidos e nome

 

DNI

 

Categoría profesional

 

Equipo de inclusión social de la entidad local de .......

 

Teléfono/s de contacto

 

Correo electrónico  profesional individual (non se admiten os de tipo gmail, hotmail, etc.)

 

Edición/lugar que solicita

 

** O prazo para inscribirse nas xornadas de Ourense remata o xoves 20 de febreiro ás 15:00 horas.

** O prazo para incribirse nas de Santiago, Lugo e Pontevedra remata o luns 16 de marzo ás 15:00 horas.
Durante a formación  traballarase con casos reais do centro de traballo de cada alumna/o. Por este motivo,  cada profesional asistirá á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para cumprimentar os informes.

Criterios de selección (por orde):

Concellos sen profesionais formados en HSUE.
Concellos que teñen profesionais con formación en HSUE, pero nos que hai outros/as que todavía están sen formar.

Profesionais que xa recibiron formación en HSUE. Dentro deste criterio, terán preferencia as persoas que recibiron formación hai máis tempo sobre as que dispoñen dunha formación máis recente.

No caso de empate nestes criterios entre dúas ou máis persoas, as prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes través do enderezo electrónico.

Asemade, cando haxa máis solicitudes que prazas, poderá limitarse a asistencia a unha persoa por cada concello.

Lista de agarda
Confeccionarase unha lista de agarda na que se incluirán as persoas que non foron seleccionadas. A dita lista só será válida para a xornada actual e non para as futuras que se convoquen. Empregarase nos casos nos en que unha persoa renuncie á praza concedida. O Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios porase en contacto coa persoa da lista de agarda que figure en primeiro lugar para substituír á que renunciou á formación.

Renuncias
Coa finalidade de cubrir as vacantes, as renuncias ao curso deberán enviarse ao correo electrónico: formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal, cunha antelación mínima de 3 días anteriores ao inicio da actividade.

FEBRERO-MARZO de 2020

Convócanse xornadas de formación sobre o uso da aplicación HSUE. Diríxense, en exclusiva, aos/as  traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios  que estean de alta na HSUE.

O horario desta formación será de: 10:30 a 14:30 horasnestas edicións:

Lugar

Data

Enderezo

Ourense

28-02-2020

Aula de informática de AMTEGA
Edificio administrativo da Xunta de Galicia
Avda. da Habana, 79, 7º andar

Lugo

09-03-2020

Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Lugo
R/ Paseo dos estudantes, 33

Inscricións

Para inscribirse é obrigatorio enviar un correo electrónico a:                              formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal. No asunto indicarase: "Xornada HSUE  edición de ------"

Débense incluír no correo de inscrición os seguintes datos ben cubertos

Apelidos e nome

 

DNI

 

Traballador/a social do concello de ................

 

Teléfono/s de contacto

 

Correo electrónico  profesional individual (non se admiten os de tipo gmail, hotmail, etc.)

 

Edición/lugar que solicita

 

** O prazo para inscribirse remata o mércores 19 de febreiro ás 15:00 horas.

Durante a formación  traballarase con casos reais do centro de traballo de cada alumna/o. Por este motivo,  cada profesional asistirá á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para cumprimentar os informes.

Criterios de selección (por orde):

Concellos sen profesionais formados en HSUE.
Concellos que teñen profesionais con formación en HSUE, pero nos que hai outros/as que todavía están sen formar.

Profesionais que xa recibiron formación en HSUE. Dentro deste criterio, terán preferencia as persoas que recibiron formación hai máis tempo sobre as que dispoñen dunha formación máis recente.

No caso de empate nestes criterios entre dúas ou máis persoas, as prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes través do enderezo electrónico.

Asemade, cando haxa máis solicitudes que prazas, poderá limitarse a asistencia a unha persoa por cada concello.

Lista de agarda
Confeccionarase unha lista de agarda na que se incluirán as persoas que non foron seleccionadas. A dita lista só será válida para a xornada actual e non para as futuras que se convoquen. Empregarase nos casos nos en que unha persoa renuncie á praza concedida. O Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios porase en contacto coa persoa da lista de agarda que figure en primeiro lugar para substituír á que renunciou á formación.

Renuncias
Coa finalidade de cubrir as vacantes, as renuncias ao curso deberán enviarse ao correo electrónico: formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal, cunha antelación mínima de 3 días anteriores ao inicio da actividade.

 
OUTUBRO de 2019

No mes de outubro realizarase a formación en HSUE, dirixida a traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais que estean de alta na HSUE.

A formación sobre o uso da aplicación HSUE desenvolverase en horario de 10:30 a 14:30 horas en:

Lugar

Data

Enderezo

Pontevedra

31 de outubro

Aula CEMIT
Avenida de Montero Ríos s/n. Antigo edificio da Consellería de Educación (situado ao lado dereito do da Deputación de Pontevedra)

Santiago de Compostela

Edición 1: 23 de outubro
Edición 2: 25 de outubro

Aula de informática de AMTEGA
Edificio Administrativo da
San Lázaro s/n, 3º andar

Inscricións:


Para inscribirse é obrigatorio enviar a solicitude ben cuberta ao correo electrónico:                                formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal. No asunto indicarase: "Xornada HSUE"

Débense incluír no correo de inscrición os seguintes datos:

Apelidos e nome:

 

DNI

 

Concello no que traballa

 

Teléfono de contacto

 

Correo electrónico  profesional individual (non se admiten os de tipo gmail, hotmail, etc.)

 

Cidade na que solicita a formación

 

O prazo para inscribirse remata o 17 de outubro ás 14:00 horas.

Durante a formación  traballarase con casos reais da UTS de cada alumna/o, polo tanto cada profesional debe asistir á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para cumprimentar un  ISU e/ou un  ISI.

Criterios de selección (por orde):

1º Profesionais pertencentes a concellos que aínda non teñen ningún/ha profesional formado/a en HSUE.
2º Profesionais de concellos que teñen algún/ha profesional con formación en HSUE, pero no que hai outros/as que todavía está/n sen formar.
Profesionais que xa recibiron formación en HSUE. Asemade, dentro deste criterio, terán preferencia as persoas que recibiron formación hai máis tempo en relación ás que dispoñen dunha formación máis recente.

No caso de empate nestes criterios entre dúas ou máis persoas, as prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes través do enderezo electrónico.

Por outro lado, cando haxa máis solicitudes que prazas, poderá limitarse a asistencia a unha persoa por concello.

Lista de agarda
Doutra parte, confeccionarase unha lista de agarda na que se incluirán as persoas que non foron seleccionadas. A dita lista só será válida para o curso actual e non para os futuros que se convoquen. Deste xeito, nos casos nos que unha persoa renuncie á praza concedida para asistir ao curso empregarase esta lista. O Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios porase en contacto coa persoa da lista de agarda que figure en primeiro lugar para substituír á que renunciou ao curso.

Renuncias
As renuncias ao curso tamén deberán comunicarse ao correo electrónico: formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal, cunha antelación mínima de 3 días anteriores ao inicio da actividade co fin de cubrir a vacante.

XUÑO de 2019

No mes de xuño realizarase a formación en HSUE, dirixida a traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais que estean de alta na HSUE.

A formación sobre o uso da aplicación HSUE desenvolverase en horario de 10:30 a 14:30 horas en:

Lugar

Data

Enderezo

Ourense

04/06/2019

Edificio Administrativo
Avda. da Habana, 79, 7º andar

Santiago

11/06/2019

Edificio Administrativo (Consellería de Traballo)
San Lázaro s/n, 3º andar

Inscricións:


Para inscribirse é obrigatorio enviar un correo electrónico ao enderezo: formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal, indicando no asunto "Xornada HSUE"

Débense incluír no correo de inscrición os seguintes datos:

Apelidos e nome:

 

DNI

 

Concello no que traballa

 

Teléfono

 

Email corporativo individual (non se admiten os de tipo gmail, hotmail, etc.)

 

Lugar onde solicita a formación (Ourense/Santiago)

 

¿Xa recibiu formación técnica  (xornada de casos prácticos) ?

 

O prazo para inscribirse remata o 23 de maio ás 10:00 horas.

** CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

Priorizaranse:
1º  Os concellos que non teñen profesionais formados/as fronte aos que xa teñen algún/ha.
2º  As persoas que aínda non recibiron formación fronte ás que xa a recibiron.

E tendo en conta o anterior:
- As prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes realizadas a través do enderezo electrónico.
- Limitarase a asistencia a unha persoa por concello, agás que non se cubran todas as prazas.
- As persoas que non foron seleccionadas permanecerán nunha lista de agarda, a cal será válida só para o curso actual que solicitaron.

Durante a formación  traballarase con casos reais da UTS de cada alumna/o, polo tanto cada profesional debe asistir á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para cumplimentar un ISU e/ou un ISI.

MAIO de 2019

Ao longo do mes de maio vaise realizar a formación en HSUE, dirixida a traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais que estean de alta na HSUE.

A formación sobre o uso da aplicación HSUE desenvolverase en horario de 10:30 a 14:30 horas en:

Lugar

Data

Enderezo

Ourense

13/05/2019

Edificio Administrativo

Avda. da Habana, 79, 7º andar

Lugo

14/05/2019

Edificio Administrativo

Ronda da Muralla, nº 70, andarB-2 (andar baixo)

Santiago

15/05/2019

Edificio Administrativo (Consellería de Traballo)

San Lázaro s/n, 3º andar

Vigo

20/05/2019

Edificio Administrativo. Torre 2

Praza da Estrela s/n, 8º andar

Inscricións:

Para inscribirse é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo:                               formacionsscomunitarios.politicasocial@xunta.gal, indicando no asunto do correo "Xornada HSUE"

Incluír no correo electrónico de inscrición os seguintes datos:

Apelidos e nome:

 

DNI

 

Concello no que traballa

 

Lugar onde solicita a formación (Ourense, Lugo ou Santiago)

 

O prazo para solicitar a inscrición remata o 6 de maio ás 14:00 horas.

** CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

Priorizaranse:
1º  Os concellos que non teñen profesionais formados/as fronte aos que xa teñen algún/ha.
2º  As persoas que aínda non recibiron formación fronte ás que xa a recibiron.

E tendo en conta o anterior:
- As prazas cubriranse atendendo a orde de chegada das solicitudes realizadas a través do enderezo electrónico.
- Limitarase a asistencia a unha persoa por concello, agás que non se cubran todas as prazas.
- As persoas que non foron seleccionadas permanecerán nunha lista de agarda, a cal será válida só para o curso actual que solicitaron.

Durante a formación  traballarase con casos reais da UTS de cada alumna/o, polo tanto cada profesional debe asistir á xornada co seu certificado electrónico e cos datos necesarios para cumplimentar un ISU e/ou un ISI.

Por mor das medidas adoptadas contra coronavirus anúlanse estas tres xornadas de formación que restaban por realizar: - Santiago (24 de marzo) - Pontevedra (26 de marzo) - Lugo (31 de marzo).