A Xunta aplaude o traballo de Aspace para lograr unha Galicia máis integradora

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe en Sada a residencia e o centro de día desta entidade

A Xunta aplaude o traballo de Aspace para lograr unha Galicia máis integradora

Sada (A Coruña), 17 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, puxo hoxe de exemplo o traballo que realiza Aspace para lograr unha Galicia máis integradora. Díxoo durante a visita á residencia e ao centro de día para a atención a persoas con discapacidade intelectual que esta entidade ten en funcionamento en Sada.

Ademais, Begoña Abeijón destacou a colaboración que desde hai anos manteñen o Executivo autonómico e Aspace para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e das súas familias.