A Xunta agradece a Avante o seu traballo a favor das persoas con discapacidade no concello de Val do Dubra

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou hoxe o centro de día e ocupacional desta entidade

A Xunta agradece a Avante o seu traballo a favor das persoas con discapacidade no concello de Val do Dubra

Val do Dubra (A Coruña), 16 de xaneiro de 2024

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá os usuarios do centro de día e ocupacional Avante no concello de Val do Dubra. Estas instalacións ofrecen 40 prazas de atención a persoas con discapacidade deste municipio e da súa contorna.

A directora xeral lembrou que o Goberno galego colabora coas entidades sociais galegas como Avante, pertencente a Cogami, para a posta en marcha de prazas públicas de atención á discapacidade e tamén para a realización de programas que favorezan a vida autonómica e ao respiro familiar. Neste sentido, agradeceu a Avante a súa traxectoria apoiando os veciños deste municipio coruñés.