Escolas infantís
Que son as escolas infantís?
As escolas infantís son centros educativos que desenvolven o seu labor no primeiro ciclo da educación infantil, isto é, a atención a nenas e nenos de 0 a 3 anos. Proporcionan un servizo integral de conciliación a través dun programa que garante o pleno desenvolvemento das pequenas e pequenos.
Escolas infantís gratuítas
Desde o curso 2022-2023 a Xunta de Galicia porá en marcha a gratuidade da atención educativa para todas as nenas e nenos en todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade. Con anterioridade, desde o 2020, xa aplicara para os segundos fillos e seguintes, agora dá un paso máis e todas as nenas e nenos de 0 a 3 anos terán gratis a atención educativa nunha escola infantil.
É importante saber que non ten que facer nada para que lle apliquen a gratuidade na escola infantil, será directamente o centro quen a formaliza. Ademais, a escola debe ter anunciado que está adherida a esta iniciativa da Xunta de Galicia, que é pioneira en España. Practicamente a totalidade de escolas infantís da comunidade teñen gratis a atención, non obstante, se ten dúbidas, pode preguntar ao seu centro se está adherido.
- As escolas infantís que hai en Galicia
-
En Galicia hai diferentes escolas infantís segundo a súa titularidade. Poden ser públicas, privadas ou de iniciativa social. Hai que ter en conta isto á hora de matricular ao neno ou nena. Nesta páxina darémoslle información para acceder a unha praza da rede pública autonómica. No caso de que queira matricularse nun centro municipal, nun privado ou noutro que non dependa da Xunta de Galicia debe preguntar na escola infantil de interese.
A rede de escolas infantís públicas autonómicas está integrada por centros dependentes de dúas entidades distintas:
- Cómo se accede as escolas infantís públicas autonómicas?
-
IMPORTANTE: É preciso saber que o proceso de matriculación nas escolas infantís públicas autonómicas é diferente segundo a súa pertenza á Axencia Galega de Servizos Sociais ou ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
- Proceso de solicitude de praza nun centro da Axencia Galega de Servizos Sociais
-
Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia para solicitar praza nun dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais.
► O prazo ordinario para a presentación das solicitudes abre o 17 de marzo e finaliza o día 8 de abril de 2022.
Os trámites, sexan de novo ingreso como de renovación de praza, deben presentarse preferiblemente por vía electrónica. Aquí encontrarás as ligazóns que levan directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia para comezar o trámite:
- Solicitude vía electrónica de novo ingreso en escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais.
- Solicitude vía electrónica de renovación de praza en escolas infantís 0-3 da Axencia galega de Servizos Sociais.
- Solicitude vía electrónica de novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os de o persoal da Xunta de Galicia.
De xeito opcional, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros oficiais establecidos. Para iso debe cubrir o seguinte formulario e entregalo nos lugares citados:
- Proceso de solicitude de praza nun centro do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar
-
Publicada a resolución no Diario Oficial de Galicia para solicitar praza nun dos centros do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
► O prazo ordinario para a presentación das solicitudes abre o 17 de marzo e finaliza o día 8 de abril de 2022.
Os trámites, sexan de novo ingreso como de renovación de praza, deben presentarse preferiblemente por vía electrónica. Aquí encontrarás as ligazóns que levan directamente á sede electrónica da Xunta de Galicia para comezar o trámite:
- Solicitude de novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
- Solicitude de renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
De xeito opcional, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos e na escola infantil de interés.
- Prezos
-
As escolas infantís serán gratuítas nunha atención educativa de oito horas e no curso académico ordinario, isto é, de setembro a xullo, ambos incluídos. Hai que ter en conta que para ter un servizo de horario ampliado ou un de comedor si que é preciso aboar o seu custe, que, no caso das escolas infantís da rede pública autonómica, os pode ver na seguinte ligazón.