Maiores e dependencia

As persoas de idade deberán permanecer integradas na sociedade, participar activamente na formulación e na aplicación das políticas que afecten directamente o seu benestar e poder compartir os seus coñecementos e habilidades coas xeracións máis novas

Bloque
Activo
Imagen

Resolución do 23 de abril de 2013, da Secretaría de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, pola que se publica o Acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia sobre criterios, recomendacións e condicións mínimas para a elaboración dos plans de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal; datos básicos do sistema de información do SAAD e Catálogo de referencia de servizos sociais.

Estado: Vixente

Orixe: Lexislación estatal

De acordo co artigo 50 da Constitución española, os poderes públicos garantirán, mediante pensións adecuadas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns durante a terceira idade. Así mesmo, e con independencia das obrigas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer.