Observacións:
Este decreto establece o marco que posibilite o acceso destas empresas ás axudas que compensen os maiores custos que implican a contratación destas persoas pertencentes a colectivos con problemas de exclusión social. Para iso faise uso da competencia exclusiva atribuída á comunidade autónoma en materia de asistencia social.
Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade