Inclusión Social

Recoñecer o dereito fundamental das persoas que se atopan en situación de pobreza e exclusión social a vivir con dignidade e a desempeñar un papel activo na sociedade

Bloque
Activo
Imagen

O obxecto desta convocatoria de subvencións é a concesión dunha axuda económica, durante seis meses consecutivos, ás persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes.

Normativa

ORDE do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

 

EU

 

A Axenda Social Única de Galicia 2021-2024 comprende un total de 93 medidas que se levarán a cabo baixo a responsabilidade da Xunta de Galicia, das Entidades locais ou en cooperación entre ambas e en colaboración do Terceiro sector.

O seu obxectivo é reforzar a coordinación interadministrativa e desta co Terceiro sector social a través de medidas que abordan as necesidades sociais da poboación que precisa de apoios para mellorar a súa calidade de vida, nomeadamente a través da súa autonomía ou da súa inclusión social ou sociolaboral.

 

ORDE do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

EU

 

Segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social.

EU

Contidos actualizados o 30 de novembro de 2021

EU

 

DECRETO 14/2019, do 31 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei 10/2013,do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.