Recordatorio CONVOCATORIA CONSELLO ESTATAL PARTICIPACIÓN DA INFANCIA E A ADOLESCENCIA
Ábrese a convocatoria para participar no Consello de Participación da Infancia e a Adolescencia
Queres ser parte do primeiro Consello de Participación da Infancia e da Adolescencia a nivel estatal? Presenta a túa candidatura
Está próxima a data de peche na recepción as candidaturas ao Consello estatal de Participación da Infancia e a Adolescencia, polo que
lembramos a importancia de que Galicia poida formar parte desta convocatoria. Animamos a aqueles grupos, entidades, organizacións e
consellos interesados a inscribirse na seguinte ligazón:
https://www.mdsocialesa2030.gob.es/derechos-sociales/infancia-y-adolescencia/consejo/index.htm
PARA SER UNHA DAS 34 MOZAS Ou MOZOS QUE FORMARÁN ESTE PRIMEIRO CONSELLO ESTATAL TES QUE:
• Ter entre 8 e 17 anos,
• Querer representar ao teu grupo, colectivo ou asociación (de discapacidade, migrante, lecer e tempo libre, LGTBIQ+, centros de protección...) ou ao teu consello territorial (local, provincial, autonómico);
• e mandar a túa candidatura seguindo as instrucións que che damos a continuación:
1.- Descargar e encher o formulario que atoparás no enlace anteriormente citado.
2.- Envialo á dirección de correo:
consejoparticipacioninfancia [at] mdsocialesa2030.gob.es (consejoparticipacioninfancia[at]mdsocialesa2030[dot]gob[dot]es)
3.- Xunto á túa solicitude tes que mandar os tres documentos citados no enlace.
TODO ATA O 11 DE NOVEMBRO
