Inicio > Recursos > Publicacións > Vive a túa aventura. Campaña de verán, 2018

Vive a túa aventura. Campaña de verán, 2018

Compartir

Categoria:

Vive a túa aventura. Campaña de verán, 2018
Resumen: 
O conselleiro de Política Social e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dan a coñecer  a nova programación da tempada estival de ocio e tempo libre para a xuventude.

Área temática:

Descripción: 

O conselleiro de Política Social e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado dan a coñecer  a nova programación da tempada estival de ocio e tempo libre para a xuventude
A Xunta presenta a Campaña de verán 2018 que sitúa de novo a Galicia como referente na oferta de ocio e tempo libre dirixida á mocidade.

Ofértanse 9.870 prazas -298 máis que na edición anterior- en campamentos, campos de traballo e outras accións de verán que terán lugar nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en albergues e instalacións xuvenís de toda a xeografía galega.

Como vén sendo habitual resérvanse prazas para xente nova con discapacidade; nenos, nenas e adolescentes baixo tutela ou garda da Administración autonómica; para fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero; e para descendentes de emigrantes galegos

Súmanse dúas novas instalacións ás ofertadas o ano pasado: a Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar na Coruña e o albergue da estación de ferrocarril A Vilavella no concello ourensán da Mezquita

Outra novidade é a posta en marcha de dous campamentos tecnolóxicos que se desenvolverán nas instalacións xuvenís de Gandarío, no municipio coruñés de Bergondo

Os obxectivos desta nova campaña de verán son favorecer a inclusión; promover o intercambio cultural, a interacción e a convivencia; así como facilitar a conciliación das familias galegas.

Compartir