 
O documento técnico VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en Protección de Menores da Xunta de Galicia. Achega criterios técnicos que orientan os profesionais na valoración dos casos e na toma de decisións.
O instrumento VALORA-GALICIA foi deseñado para ser aplicado polos servizos sociais especializados en Protección de Menores da Xunta de Galicia para a execución das competencias establecidas na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, en relación á investigación e valoración das situacións de desprotección que afectan a nenos, nenas e adolescentes. O instrumento achega criterios técnicos para a valoración da gravidade destas situacións e as correspondentes tomas de decisión. Preséntase como unha ferramenta que, do mesmo xeito que outros instrumentos técnicos, ha de ser utilizada por profesionais capacitados como orientación, fundamento e apoio ao xuízo profesional, nunca como substituto deste.
