Inicio > Recursos > Publicacións > Un ano de mobilidade xuvenil, 2016

Un ano de mobilidade xuvenil, 2016

Categoria:

Un ano de mobilidade xuvenil, 2016
Resumen: 
Un ano máis, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica os proxectos de mobilidade xuvenil (Galeuropa, Eramus+, Xuventude en acción e Xuventude no mundo) xestionados por esta dirección durante o ano 2016. Un ano de mobilidade xuvenil. Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, 2016. 123 p. : il. cor ; 24 cm As iniciativas de mobilidade teñen como finalidade mellorar a formación da mocidade galega, ampliando o currículo laboral a través dunha experiencia internacional. A participación en programas deste tipo axuda os mozos e mozas a conseguir un complemento curricular que é tido moi en conta á hora de conseguir un posto de traballo e que, ademais, é unha gran fonte de ideas para novos proxectos. O Informe conxunto de 2015 do Consello e da Comisión Europea sobre a aplicación do marco renovado para a cooperación europea no ámbito da xuventude (2010-2018), reflicte: “A política da xuventude, que se desenvolve fóra da aula pode axudar tamén as persoas a adquirir a combinación correcta de capacidades a fin de preparalas para a vida e o traballo”.

Área temática: