Inicio > Recursos > Publicacións > TDAH e terapia ocupacional

TDAH e terapia ocupacional

Categoria:

TDAH e terapia ocupacional
Resumen: 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e a Fundación Ingada acometen unha nova liña de colaboración co lanzamento do núm. 1 da colección Convivir co TDAH.

Ano: 
2018
Ano de edición: 
2018

Área temática:

Ano do tomo: 
2018
Descripción: 

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e a Fundación Ingada acometen unha nova liña de colaboración co lanzamento do núm. 1 da colección Convivir co TDAH.
TDAH e terapia ocupacional / Alejandra Rey Iglesias… [et al.]. Santiago de Compostela: Consellería de Política Social, Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ; A Coruña : Ingada, 2018. (Colección Convivir co TDAH ; 1), 47 p.

Esta guía tenta dar resposta ás necesidades ocupacionais que poden presentar as persoas con TDAH (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ofrecendo una atención integral, tanto a estas persoas como ás súas familias.

O obxecto deste documento é proporcionar información e  recomendacións sobre o o TDAH desde a disciplina da terapia ocupacional co obxectivo último de mellorar o funcionamento das persoas diagnosticadas e das súas familias e para lles servir de axuda a outros profesionais que estean en contacto co colectivo.

A obra foi realizada fundamentalmente por terapeutas ocupacionais que colaboran coa Fundación Ingada e coa Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

O manual responde e resulta adecuado ás necesidades da nova terapia ocupacional española que debe crecer cara a novos ámbitos, como a integración sensorial, a promoción da saúde, a sustentabilidade e os dereitos humanos; en definitiva, a responsabilidade social, o desenvolvemento sustentable e a vinculación comunitaria coa cidadanía.

Compartir