 
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023.
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica inicia, coa publicación deste primeiro dossier Mobilidade e migracións en Galicia, a colección de monografías temáticas que o Plenario do observatorio tivo a ben aprobar na sesión do 29 de novembro de 2023. Nos anteriores informes deste observatorio sobre a situación demográfica de Galicia, de 2018 e 2023, a análise dos movementos migratorios ocupa un lugar destacado en consonancia, por unha parte, coa nosa propia historia migratoria e, de maneira particular hoxe en día, coa preocupación por afondar no seu significado no contexto dun acusado cambio poboacional e social.
