Inicio > Recursos > Publicacións > Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020

Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020

Categoria:

Resumen: 
A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 (EIS Galicia) constitúe un marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social. Para acadar este obxectivo, a EIS Galicia, que está cofinanciada polo FSE e o FEDER, establece 8 prioridades estratéxicas transversais, 8 prioridades estratéxicas sectoriais, 56 obxetivos específicos y máis de 290 medidas.
Ano: 
2016
Órgano Editor: 
Dirección Xeral de Inclusión Social
Ano de edición: 
2016

Idioma:

Área temática:

N. de páginas: 
180p.

Formato:

Descripción: 

A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 constitúe un novo e reforzado marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as súas persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral.

Este documento é a resposta á necesidade de planificación a medio prazo das políticas de inclusión social da Xunta de Galicia, e o fai definindo as súas prioridades, obxectivos e medidas para o período 2014-2020. Esta planificación susténtase nas reflexións e análises dunha base informativa constituída, entre outros, pola información recabada no proceso de avaliación do II Plan Galego de Inclusión Social, da participación en grupos de traballo de cooperación nos diferentes niveis de Administración e do corpo documental das institucións da Unión Europea en relación coas Directivas, Recomendacións e Comunicacións da materia relacionada coa Estratexia 2020 e, máis en concreto, co contido da súa iniciativa emblemática Plataforma de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.

Por outra banda, o documento da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 cumpre coa necesidade de operativizar o establecido na Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e vai máis alá integrando medidas todas orientadas a responder de xeito efectivo na loita contra a pobreza e a exclusión social. Ademais, a súa formulación favorece o seu  encaixe no Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, no seu Obxectivo Temático 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".