Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020
A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 (EIS Galicia) constitúe un marco integrado de intervencións orientadas a responder de xeito efectivo e coordinado ás situacións persoais e familiares de vulnerabilidade, pobreza e exclusión social, e procurar os apoios precisos para que as persoas destinatarias acaden a súa inclusión social e laboral.
Para acadar este obxectivo, a EIS Galicia, que está cofinanciada polo FSE e o FEDER, establece 8 prioridades estratéxicas transversais, 8 prioridades estratéxicas sectoriais, 56 obxetivos específicos y máis de 290 medidas.