
Xuntos polo Nadal é un programa gratuíto da Xunta de Galicia para que as persoas maiores que estean soas poidan pasar estas datas acompañadas doutras persoas na mesma situación, cun amplo programa de actividades socioculturais.
- Cando é?
-
Pódese elixir unha destas tres quendas:
- 16 días: do 23 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026
- 8 días: do 23 ao 30 de decembro de 2025
- 8 días: do 31 de decembro de 2025 ao 7 de xaneiro de 2026
- Onde ten lugar?
-
-
Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)
Para os solicitantes procedentes das provincias de Pontevedra e Lugo
-
Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra)
Para os solicitantes procedentes das provincias da Coruña e Ourense
-
- Que inclúe?
-
- Aloxamento en habitacións compartidas.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- Actividades de animación sociocultural.
- Traslado en autobús desde as principais cidades (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo).
- Requisitos
-
- Ter 60 anos ou máis.
- Estar empadroado en Galicia.
- Vivir só no seu domicilio e non ter con quen pasar as datas do Nadal.
- Valerse por si mesmo e non padecer enfermidades transmisibles, nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
- Recoméndase estar vacinado fronte a COVID 19 e a GRIPE.
Terán preferencia as persoas que:
- Perderan ao seu cónxuxe ou convivente habitual nos últimos anos.
- Teñan máis idade.
- Non participaran nunca no programa.
- Solicitude
-
O prazo de solicitude vai do 13 ao 26 de novembro de 2025 (ambos incluídos).
Solicitarase cubrindo os tres formularios anexos na parte inferior: Solicitude, declaración responsable e informe social.
- Online: a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (formulario PR004).
- Presencialmente: nos rexistros do procedemento administrativo común, e dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes.
- Máis información
-
- No teléfono social gratuíto: 900 333 666
- Presencialmente nos centros sociocomunitarios da Xunta, servizos sociais dos Concellos ou centros de saúde.