PROGRAMA FSE+ DE ASISTENCIA MATERIAL BÁSICA (PROGRAMA BÁSICO) NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 

 
 

 

Obxectivo político:

 

4.: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais.

 

Prioridade

 

4. Loita contra a privación material (Apoio ás persoas máis desfavorecidas no marco do obxectivo específico establecido no artigo 4, apartado 1, letra m), do Regulamento do FSE+)

 

Obxectivo específico:

ESO 4.13.: Loita contra a privación material

 

Campo de intervención

 

164: Emendar as carencias materiais dos máis desfavorecidos mediante a provisión de alimentos ou asistencia material, incluídas medidas de acompañamento.

 

Descrición das operacións:

 

Órgano xestor: Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión.

 

O Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea, ten como finalidade facer fronte á privación material das familias máis desfavorecidas con menores a cargo, a través dun sistema de tarxetas e/ou vales físicos ou electrónicos intercambiables por alimentos e outros produtos de asistencia material básica (xabón, champú, pasta de dentes, produtos de hixiene feminina menstrual, cueiros infantís...).

 

A provisión de alimentos e de asistencia material básica estará complementada, como mínimo, por unha medida de acompañamento que apoie os procesos de inclusión social das familias beneficiarias. As medidas de acompañamento poderán consistir en:

 

·         Facilitar información sobre os recursos e prestacións sociais dispoñibles, e sobre o acceso aos mesmos.

  • Derivación ou reorientación aos recursos sociais, educativos e sanitarios, entre outros.
  • Asesoramento sobre a xestión dun orzamento doméstico.
  • Promoción socioeducativa de hábitos de alimentación saudable.

Os importes das tarxetas e/ou vales que lle corresponden a cada unidade familiar veñen fixados polo propio Programa, de acordo coa seguinte táboa:
 

Número de membros da unidade familiar ou de convivencia (sendo menor de idade polo menos un deles)

Contía mensual

Contía total (12 meses)

2 persoas

130 €

1.560 €

3 persoas

160 €

1.920 €

4 persoas

190 €

2.280 €

5 ou máis persoas

220€

2.640 €

 

 As solicitudes de acceso ao programa serán tramitadas polos servizos sociais comunitarios do concello de residencia da persoa solicitante.

 

Ligazóns á documentos oficiais relacionados co programa:

 -Programa Básico aprobado pola Comisión Europea:

https://www.conselleriadefacenda.gal/documents/20696201/20700112/07-Basico-2025.pdf/7a695be0-8a77-4bef-b853-454f14d21c92

-Resolución do 22 de outubro de 2025 polo que se establecen as bases reguladoras do concerto social para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251029/AnuncioG0762-221025-0002_gl.html

-Resolución do 10 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2025 pola que se selecciona a unha entidade privada de iniciativa social, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a xestión do Programa FSE+ de asistencia material básica (Programa Básico) na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado pola Unión Europea (código de procedemento BS213W):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0762-101225-0001_gl.html