II Foro Xuntos fronte os AbuSOS
O próximo 29 de novembro, de 09:00 a 14:30 horas, a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia organiza o II Foro XUNTOS fronte aos ABUSOS, unha xornada na que dez profesionais multidisciplinares de recoñecido prestixio na actuación e tratamento fronte aos abusos sexuais na infancia compartirán os seus coñecementos. Será en charlas de 20 minutos nas que procurarán condensar toda a súa experiencia acumulada.
A cita será no Auditorio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia e o aforo estará limitado a 244 persoas, polo que agradecemos que reserves a túa praza canto antes enviando un correo á Dirección xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (famila@xunta.gal) co asunto “II Foro Xuntos fronte aos abusos” e co nome, apelidos e DNI da persoa participante.
Esta sesión formativa esta destinada fundamentalmente a profesionais que traballan directamente coa infancia, dende calquera eido, social, educativo, xurídico ou sanitario. Polo tanto, o perfil profesional é moi variado: psicólogos, pedagogos, educadores e traballadores sociais dos equipos técnicos de menores, dos servizos sociais comunitarios, dos centros de acollemento residencial, dos gabinetes de orientación familiar, de centros Quérote ou dos centros de información á muller ou do Servizo Galego de Saúde