Navegación principal
Máis axudas na sede electrónica da Xunta
27 Xan 2021
ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS212B).
26 Xan 2021
ORDE do 11 de xaneiro de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG Núm. 16 do 26/01/2021)
21 Set 2020
ORDE do 11 de setembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).
29 Xuñ 2020
ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia (código de procedemento BS900B).
ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás entidades privadas e de iniciativa social para o mantemento dos centros de día de persoas maiores dos que son titulares durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19 (código de procedemento BS900A).
05 Feb 2020
ORDE do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro Familiar para persoas coidadoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS614B).
24 Xan 2020
ORDE do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento BS700A).
13 Set 2019
ORDE do 6 de setembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).