Segundo o establecido no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía, a Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social. De acordo co disposto no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, a Consellería de Política Social é o órgano da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de familia, menores, benestar social, inclusión social, servizos comunitarios, inmigración, atención ás persoas discapacitadas e ás persoas maiores, a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia así como as políticas de mocidade e voluntariado.
A concesión das subvencións a entidades do Terceiro Sector con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, é unha medida consolidada no tempo, arraigada na nosa sociedade e que constitúen unha vía esencial de financiamento a través de axudas públicas para a realización de programas de interese xeral.
Na anterior convocatoria, realizada no ano 2018, permitiu a realización de máis de 370 programas impulsados por entidades do terceiro sector para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para o financiamento desta convocatoria destínase, con cargo á anualidade 2019, crédito por importe total de once millóns cincocentos setenta e dous mil catrocentos cincuenta e nove euros (11.572.459 €), o que supón un aumento de máis do 9% con respecto a anterior convocatoria .
O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa:
a) Liña I: Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
b) Liña II: Actuacións de inclusión social.
c) Liña III: Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade.
d) Liña IV: Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade.
e) Liña V: Actuacións destinadas á xuventude
f) Liña VI: Actuacións destinadas ao voluntariado
Consideraranse como gastos subvencionables os que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios, que se efectúen durante o ano 2020 e sexan efectivamente pagados antes do 15 de febreiro de 2021.
O pagamento do 100% do importe da subvención concedida realizarase dunha soa vez en concepto de anticipo, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución e, en todo caso, na anualidade 2019.
O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, non podéndose conceder subvención ás solicitudes que non obteñan unha puntuación mínima global de 60 puntos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 14/10/19.
Ligazóns relacionadas:
Adxuntos:
- Orde do 6 de setembro de 2019
- Extracto da Orde do 6 de setembro de 2019
- Anexo II - Solicitude
- Anexo III - Memoria explicativa sobre o programa, actividade, proxecto obxectivo da solicitude de subvención (un por programa)
- Anexo IV - Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (un para cada proxecto de investimento)
- Anexo V - Información para a valoración das entidades
- Anexo VI - Información para a valoración dos programas (cubrir un anexo para cada un dos programas solicitados)
- Anexo VII - Declaración responsable para acreditar a experiencia e especialización da entidade (artigo 4.1.f )
- MODELO DE ACORDO DE COLABORACIÓN PARA AGRUPACIÓN DE ENTIDADES SEN PERSONALIDADE XURÍDICA
- MANUAL XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS IRPF 2019
- ANEXOS IRPF 2019 (formato word)
- ANEXOS IRPF 2019 (formato PDF)