Convocatoria do concerto social para o centro de reeducación de menores con medidas xudiciais Concepción Arenal de A Coruña

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación de Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).