Convocatoria de entidade para o centro de reeducación de menores Concepción Arenal de A Coruña

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro, para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal, na Coruña (35 prazas) (código de procedemento BS213R).