Inicio > Recursos > Axudas > Axuda económica ás familias con nenas ou nenos nados no 2017 a través da TARXETA BENVIDA

Axuda económica ás familias con nenas ou nenos nados no 2017 a través da TARXETA BENVIDA

Esta axuda económica está destinada ás familias con nenas ou nenos nados durante o ano 2017, co fin de contribuír a sufragar os gastos derivados da súa crianza durante o primeiro ano de vida.

Esta axuda instrumentalízase a través da tarxeta benvida, cuxo obxectivo é adquirir produtos básicos para a nena ou neno, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, berces, artigos de paseo e de viaxe, produtos de hixiene infantil ou produtos farmacéuticos; unicamente, poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.