
A Xunta ten despregado un dispositivo de profesionais que están limpando e retirando os pellets que chegaron aos areais da nosa comunidade. 
Se ti tamén queres colaborar na recollida de pellets nas praias galegas ten moi en conta esta información de utilidade para a túa seguridade e para asegurar a protección dos areais e a súa contorna natural. 
INDUMENTARIA:
- Guantes de nitrilo para evitar cortes
- Bolsas de lixo común
- Roupa e calzado axeitados
PRINCIPAIS INSTRUCCIÓNS DURANTE A RECOLLIDA: 
- Non recollas en zonas rochosas para evitar accidentes
- Pecha ben as bolsas e non deposites os pellets recollidos nos contedores municipais
- Non retires do areal algas, cunchas ou calquera outro elemento natural
- Non mestures os pellets con outros plásticos que atopes
- Se atopas sacos enteiros, méteos en bolsas de lixo pechadas
- Ten coidado de non pisar os pellets para non soterralos
Consulta estas e outras recomendacións en detalle na web plancamgal.gal
En determinadas praias haberá informadores de voluntariado para axudarche. Levarán chalecos amarelos que indican “INFORMACIÓN VOLUNTARIADO”. 
Máis información na web voluntariado.org
