Para o recoñecemento da condición de familia numerosa, a unidade familiar deberá estar formada por unha ou dúas persoas ascendentes e tres ou máis fillas e/ou fillos, sexan ou non comúns aos dous ascendentes.
Considéranse numerosas as familias con dúas fillas e/ou fillos que se atopen nos seguintes supostos:
- Cando unha das fillas e/ou fillos teña unha discapacidade ou se atope incapacitado para traballar.
- Cando ambos os ascendentes teñan unha discapacidade ou se atopen incapacitados para traballar ou, como mínimo, unha delas teña un grao de discapacidade igual o superior ao 65 %.
Tamén terán a condición de familia numerosa as formadas por:
- Tres ou máis irmás e/ou irmáns orfos de nai e pai ou dous maiores de 18 anos, se un deles ten unha discapacidade, conviven e teñen unha dependencia económica entre eles.
- Dúas irmás ou irmáns orfos de nai e pai sometidos a tutela, acollemento ou garda, que convivan coa persoa titora, acolledora ou gardadora pero non ás súas expensas.
- Nai ou pai separado ou divorciado con tres ou máis fillas e/ou fillos sexan ou non comúns, aínda que pertenzan a distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica aínda que non convivan no domicilio conxugal.
(No caso de que non existira o acordo das persoas proxenitoras sobre as fillas e/ou fillos que se deban considerar na unidade familiar terase en conta o criterio da convivencia).
- Nai ou pai con dous fillos ou fillas cando falecera a outra persoa proxenitora