Inicio > Consellería > Normativa > Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción socio laboral. (DOG nº 153 do 08/08/2007)

Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción socio laboral. (DOG nº 153 do 08/08/2007)

Observacións:
Este decreto establece o marco que posibilite o acceso destas empresas ás axudas que compensen os maiores custos que implican a contratación destas persoas pertencentes a colectivos con problemas de exclusión social. Para iso faise uso da competencia exclusiva atribuída á comunidade autónoma en materia de asistencia social.

O decreto artéllase en 6 capítulos que abranguen 22 artigos, dúas disposicións adicionais, unha transitoria e dúas finais.
No capítulo primeiro referido a disposicións xerais defínese o obxecto da norma, enumera, con carácter non taxativo, os posibles beneficiarios da inserción laboral, expresando de xeito directo aqueles casos que atopamos na realidade, pero deixando aberta a posibilidade de que os servizos sociais e o Servizo Público de Emprego de Galicia poidan incluír aquelas persoas que non estando en ningunha das situación descritas, precisen estalo.

Así mesmo enuméranse os requisitos que deben reunir as empresas de inserción laboral para poder ser cualificadas como tales e neste sentido óptase, máis que pola forma xurídica, pola verdadeira finalidade que estas perseguen e polas actividades que desenvolven, tratando de primar a inserción sobre a finalidade empresarial, pero sen eliminar a posibilidade de acadar empresas de inserción laboral que poidan chegar a ser economicamente viables.