Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017. Trazos e propostas de intervención

Portada publicación
Resumen

Este documento é o produto dun traballo conxunto entre a Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, realizado no marco dun convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en vulnerabilidade extrema.

Ano
2017
Órgano Editor
Dirección Xeral de Inclusión Social
Ano de edición
2018
Idioma
Galego
Área temática
Inclusión social
Nº de páginas
109
Formato
PDF
Tipo Doc
Libro
Descripción

O Estudo da situación das persoas sen fogar en Galicia, 2017 constitúe o resultado do traballo realizado con dous obxectivos: por unha banda, ampliar e actualizar a información diagnóstica dispoñible sobre o senfogarismo en Galicia e, pola outra, recoller consideracións e perspectivas de intervención propostas desde grupos de persoas expertas, profesionais da área e con experiencia no senfogarismo. Esta información recóllese como parte da preparación previa do futuro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia. As liñas estratéxicas e actuacións que comprenderá este plan orientaranse a abordar as situacións de necesidade e a atender á exclusión social severa que experimentan as persoas sen fogar en Galicia. Todas elas estableceranse de xeito coordinado coa administración local, na que se integran os servizos sociais comunitarios básicos e específicos, piar fundamental na xestión e desenvolvemento dos programas enfocados a atención das persoas sen fogar. Do mesmo xeito, contarase na preparación coas entidades de iniciativa social, polo traballo que veñen desempeñando na intervención e atención das persoas que se atopan nesta situación.

O documento estrutúrase en tres apartados que presentan a información recollida tras o desenvolvemento de varias actividades de investigación e participación cualificada.