Novas

29/10/2025

A Xunta destaca o bo funcionamento da residencia pública da Eiriña, doada pola Fundación Amancio Ortega, e na que xa están instalados máis de 40 maiores

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, sinalou que o centro conta con 120 prazas totalmente públicas nunhas instalacións de vangarda

29/10/2025

A Xunta apoia con máis de 220.000 euros en axudas aos concellos de Ferrol e As Pontes na contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros e o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, deron conta destas subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade durante unha visita á Casa da Muller de Ferrol

29/10/2025

Fabiola García esixe ao Goberno central que as axudas para persoas con ELA cheguen a todos os doentes e non só aos que están na fase máis avanzada da enfermidade

A conselleira explicou que, cos condicionantes impostos polo Executivo central, os apoios económicos comprometidos chegarán só ao 5 % dos doentes

28/10/2025

A Xunta avalía os avances nos traballos do futuro fogar residencial municipal de Fornelos de Montes

Destínanse máis dun millón de euros a financiar as obras deste centro, co que se crearán 12 novas prazas públicas para a atención de persoas maiores

28/10/2025

A Xunta convoca a orde de axudas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís de iniciativa social

O orzamento desta liña de subvencións supera os 1,2 millóns de euros e permitirá a estes centros ofertar o servizo de comedor co mesmo custo que ten nos da rede pública autonómica