Nova
A Xunta destaca o Congreso Executivas de Galicia como unha oportunidade para que as mulleres referentes no ámbito profesional inspiren as novas xeracións
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, resaltou que o próximo avance en materia de igualdade é conseguir pasar do talento feminino ao liderado
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026
O directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, participou esta tarde no II Congreso Executivas de Galicia Mulleres que abren camiño, un evento que destacou como unha oportunidade para que as mulleres referentes no ámbito profesional sexan unha inspiración para que outras dean o paso.
“O verdadeiro éxito das mulleres que abren camiño non é ser as primeiras -explicou- é conseguir que despois delas veñan moitas máis”. Neste sentido, resaltou que unha vez que as mulleres están presentes en sectores onde tradicionalmente non estaban, o próximo avance é pasar do talento ao liderado. Un reto co que a Xunta mantén un compromiso decidido.
Respecto ao futuro, Paula Uría considerou especialmente valioso que no congreso convivan mulleres con traxectorias xa consolidadas con executivas junior e con novas xeracións de profesionais e remarcou a importancia de que o talento feminino estea presente desde o principio nas transformacións do mercado laboral dos próximos anos.
No marco da celebración deste congreso, participou na sesión Executivas Junior a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, e a clausura correrá a cargo da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez.