Nova
A Xunta destaca o compromiso de Ategal coas persoas maiores na apertura do curso 2026-2027 das Aulas Senior
A Coruña, 17 de novembro de 2026
O director de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na inauguración do curso das Aulas Senior de Galicia, un acto no que destacou o compromiso da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente (Ategal), impulsora da iniciativa, co envellecemento activo.
Antón Acevedo resaltou que a entidade é un referente no fomento da participación dos maiores na sociedade e felicitou aos alumnos das Aulas Senior polo seu interese en seguir ampliando coñecementos. Así mesmo, trasladoulles a intención da Xunta de seguir fomentando o envellecemento activo e saudable.