Nova

Ángeles Vázquez salienta o papel do diálogo interinstitucional para seguir visibilizando as necesidades do colectivo LGBTI


Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, acompañada da directora xeral de Promoción da Igualdade, Paula Uría, presidiu a sesión plenaria do Observatorio galego contra a discriminación de xénero e a identidade sexual. Durante a súa intervención agradeceu o diálogo aberto deste organismo “para escoitar, analizar a realidade social e identificar as necesidades” do colectivo LGBTI.

Na súa primeira intervención neste Pleno, Ángeles Vázquez puxo en valor a importancia deste Observatorio para “transformar en políticas eficaces as experiencias das persoas”. Do mesmo xeito, destacou o papel deste organismo na visibilización do colectivo e tamén na recuperación da memoria LGBTI.