Nova

Ángeles Vázquez destaca o papel fundamental do persoal sociosanitario na atención e benestar dos maiores


Melide (A Coruña), 14 de novembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá os usuarios da residencia de Melide. Durante o encontro, saudou á nova directora do centro, Concepción Fernández, e puxo en valor o importante papel de todos os profesionais sanitarios na atención e benestar dos maiores.

Neste sentido, a conselleira explicou que o obxectivo do Goberno galego é que todos os usuarios “se sintan no seu fogar” e que teñan á súa disposición os recursos e servizos necesarios para escoller “como e onde pasar esta etapa das súas vidas”.

En concreto, neste centro congréganse tanto a residencia como o centro de día e as vivendas comunitarias, facilitando unha contorna familiar e de proximidade que facilita a interacción de todos os usuarios.