Nova

Ángeles Vázquez agradece a Aspnais o seu labor para construír unha Galicia máis inclusiva e solidaria e mellorar as vidas das persoas con discapacidade


Lugo, 13 de novembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (Aspnais), á que agradeceu o seu labor de máis de se 60 anos para construír unha Galicia máis inclusiva e solidaria e mellorar as vidas de moitas familias.

Na visita, na que tamén participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso VIllares, e a alcaldesa da cidade, Elena Candia, a conselleira coñeceu de primeira man o traballo de Aspnais e trasladoulle o compromiso da Xunta coas entidades para achegar todos os recursos e apoios da Administración a quen máis o precisa.