Nova

A Xunta destaca o labor de Afal na atención ás persoas con alzheimer de Ferrolterra


Ortigueira (A Coruña), 13 de novembro de 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitou o servizo de estimulación terapéutica de alzheimer da asociación de familiares de persoas con esta doenza de Ferrolterra.

Durante a visita, puxo en valor o traballo da entidade na comarca de Ferrolterra, sendo un piar fundamental na atención dos doentes e no acompañamento ás súas familias.