Nova
Ángeles Vázquez salienta o apoio e sostén da Fundación Andrea ás familias con menores con problemas de saúde
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá unha das vivendas de acollida da Fundación Andrea para familias con menores ingresados en centros hospitalarios. Neste sentido, destacou que a entidade representa o apoio e sostén para moitas nais e pais con fillos que deben permanecer longas tempadas ingresados por motivos de saúde.
Tras a visita, a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, presentoulle á conselleira as novas iniciativas da entidade e avaliaron novas vías de colaboración para seguir apoiando as familias que atravesan momentos complicados.