Nova

Ortiz fai un chamamento á solidariedade da cidadanía viguesa para doar regalos na nova campaña “Cada neno un xoguete”

A delegada da Xunta participou na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu máis de 180.000 xoguetes entre os pequenos vigueses


Vigo, 10 de novembro de 2026

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este martes na presentación da campaña “Cada neno un xoguete 2026” que impulsa a Asociación Stop Vigo para levar miles de regalos este Nadal ata as casas dos máis pequenos. Durante o acto celebrado no Mercado de As Travesas de Vigo, a representante autonómica destacou a solidariedade dos vigueses na iniciativa que xa cumpre a súa décimo sexta edición.

Acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e do organizador da iniciativa, Carlos Leiro, a delegada felicitou aos impulsores da campaña solidaria e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.

A recolecta de agasallos comezará esta semana e finalizará os primeiros días de xaneiro, cando levarase a cabo a entrega aos nenos e nenas viguesas. “Temos que conseguir que todos os nenos sorrían este Nadal porque a súa alegría será a nosa e por iso gustaríame tamén pedir a todos os vigueses que participen e doen”, sinalou Ortiz.

Na edición do pasado ano 2025 foron recollidos máis de 25.000 xoguetes e ao longo das  edicións celebradas a suma elévase ata máis de 180.000 regalos doados colaborando con máis dun centenar de asociacións e colectivos de Galicia.