Nova

A Xunta favorece a corresponsabilidade a e conciliación de máis de 300 familias a través das axudas de redución de xornada

O Goberno galego investiu 620.000€ nesta orde de achegas que busca fomentar que cada vez máis homes asuman o coidado familiar  


Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas para redución de xornada, co obxectivo de favorecer a conciliación e a corresponsabilidade. A través desta orde de achegas beneficiáronse 320 persoas, sendo máis do 70% homes.

O Goberno galego destina preto de 620.000€ a estas achegas que buscan, precisamente, que cada vez sexan máis os homes os que realicen modificacións no seu horario laboral para o coidado dos fillos e fillas. Por iso mesmo, o Goberno galego ofrece estas axudas que oscilan entre os 1.700 euros e os 3.700 euros, en función da porcentaxe de redución de xornada ou do número de menores a cargo.

Ademais, a resolución publicada hoxe consolida a tendencia dos anos anteriores cun predominio de homes beneficiarios, sendo 226 as súas solicitudes. Por outra banda, as mulleres representan 94 das achegas concedidas e correspóndense con familias monomarentais ou de unidades familiares integradas por dúas persoas do mesmo sexo.