Nova
A Xunta destaca o fomento do emprego como un paso esencial para acadar a inclusión social
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou na apertura da X edición dos Encontros para o Emprego que organiza Acción contra el Hambre
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá na Cidade da Cultura na apertura da X edición dos Encontros para o Emprego que organiza a fundación Acción contra el Hambre. Un foro no que celebrou as iniciativas que fomentan o emprego, que considerou un paso esencial para acadar a inclusión social.
O director xeral resaltou a importancia de ter un punto de encontro entre persoas en situación de desemprego e risco de exclusión social co sector empresarial e institucional e agradeceu o compromiso de ambos na mellora da calidade de vida destas persoas. Na cita de esta mañá participaron máis dun cento de persoas en risco de exclusión e unha quincena de empresas e entidades de referencia en Galicia.
A Xunta, destacou Arturo Parrado, colabora con programas de inserción sociolaboral como os que desenvolve Acción contra el Hambre, que buscan promover a adquisición de habilidades sociais e competencias básicas para o emprego de persoas en situación ou risco de exclusión, desde unha perspectiva de que o emprego é o paso básico para a autonomía das persoas.