Nova
O delegado da Xunta en Pontevedra visita a nova furgoneta adaptada de Amencer-Aspace
O vehículo permitirá mellorar o servizo de transporte e facilitar desprazamentos máis accesibles para os usuarios
Pablo Fernández agradeceu o traballo de todos os profesionais e voluntarios involucrados nesta entidade
Pontevedra, 3 de novembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá as instalacións de Amencer-Aspace, onde volveu a comprobar o labor que desenvolve a entidade en favor das persoas con parálise cerebral e outras discapacidades afíns, así como os servizos e recursos que ofrece aos seus usuarios.
Durante a visita, puxo en valor o traballo que realiza o centro e a importancia de seguir avanzando na mellora da atención e dos apoios que reciben as persoas con discapacidade, favorecendo a súa autonomía persoal e a súa inclusión social.
Un dos aspectos destacados da visita foi a adquisición dunha nova furgoneta adaptada, que se suma á flota de Amencer-Aspace e permitirá ofrecer un mellor servizo de transporte, con desprazamentos máis accesibles e axustados ás necesidades dos usuarios.
Esta incorporación contribuirá a facilitar a mobilidade das persoas atendidas e o seu acceso aos servizos e actividades da entidade, reforzando así os recursos cos que conta Amencer-Aspace para mellorar a calidade de vida dos seus usuarios e das súas familias.