Nova
Ángeles Vázquez aborda coa directiva da Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia as posibilidades de colaboración
A conselleira de Política Social e Igualdade destaca o obxectivo compartido por Xunta e entidades de garantir a protección e o benestar dos nenos e adolescentes
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá un encontro coa directiva da Plataforma de Organizacións de Infancia en Galicia (POIG), que aglutina as principais entidades do ámbito da infancia e da adolescencia na comunidade.
Na reunión co Victorino Escamilla, Julio Barreiro, Xesús Vilas e Inés Salteiro, vicepresidente, secretario xeral, tesoureiro e directora da POIG, respectivamente, a conselleira apuntou o obxectivo compartido pola plataforma o pola Xunta de garantir a protección, o benestar e o desenvolvemento de todos os nenos e adolescentes galegos.
Neste senso, Ángeles Vázquez manifestou a vontade do Goberno autonómico de seguir colaborando coas entidades que traballan para defender os dereitos da infancia, as que agradeceu o seu labor incansable.