Nova
Ángeles Vázquez mantén unha primeira toma de contacto coa directiva do Cermi Galicia
A conselleira de Política Social e Igualdade pon en valor o papel que xoga o tecido asociativo na atención e coidado das persoas con discapacidade
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa directiva do Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia). O obxectivo desta reunión foi manter unha primeira toma de contacto co principal interlocutor do sector da discapacidade, xa que representa ao92 % do movemento asociativo do sector en Galicia.
No encontro, ao que asistiron o presidente do Cermi Galicia, Ramón Sestayo, e o secretario xeral da Confederación, Carlos Fernández Lamigueiro, a conselleira puxo en valor o papel que desenvolve o tecido asociativo na atención e coidado ás persoas con discapacidade, tecendo unha importante rede de apoios que contribúen a chegar cada vez a máis cidadáns.
Neste senso, Ángeles Vázquez tendeu a man a seguir colaborando e destacou que o traballo das entidades do terceiro sector nos últimos anos foi fundamental para visibilizar as súas necesidades e consolidar novos dereitos.