Nova
A Xunta enxalza o labor de Proxecto Home para ofrecer ás persoas con adiccións as ferramentas necesarias para comezar unha nova vida
Vigo, 16 de outubro de 2026
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as instalación de Proxecto Home en Vigo, onde enxalzou o labor que desenvolve esta entidade e que permite ás persoas con adiccións ter as ferramentas necesarias para comezar unha nova vida.
Neste sentido, recoñeceu o traballo dos profesionais e os esforzos das persoas usuarias e das familias nos procesos de recuperación. Arturo Parrado garantiu ademais o apoio da Xunta a Proxecto Home na súa tarefa de abordar e tratar as adiccións, eliminar os estigmas sociais e favorecer a inclusión social.