Nova

A Xunta visita a exposición de fotografía organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple


Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2026

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou a exposición fotográfica Máis aló do invisible, organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (Fegadem).

Este proxecto xorde para achegar á sociedade moitas das manifestacións da esclerose múltiple que son invisibles e poden condicionar o día a día das persoas que viven con esta enfermidade. A mostra estará no hospital Clínico de Santiago ata o 16 de outubro e pasará despois por Pontevedra, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo.